Anábase, tamén coñecida como 'Expedición dos dez mil' .Narra a expedición de Ciro o Xovén contra seu irmán, o rei de Persia. Na obra, tras a morte de Ciro; o seu exército dispérsase, mentres que os mercenarios gregos per,manecen acampados. Os principais líderes da acampada acabaron decapitados ou voltaron a Grecia.
Xenofonte, pola súa parte, foi un filósofo, historiador e literato grego, discipulo de Sócrates. Naceu en Atenas no 413 a.C. e faleceu no 354 a.C. en Ática. A súa obra máis coñecida é Anábase, cuxo fragmento presentamos agora:
“A maioría do exército grego quedou persuadida con estas promesas. Menón, pola súa parte, antes de estar en claro o que farían os outros soldados, se seguían ou non a Ciro , reuniu as súas tropas aparte e faloulles deste modo: «Soldados: se me escoitades, seredes preferidos por Ciro a todos os demais sen necesidade de correr ningún perigo nen pasar ningún traballo. Que vos aconsello facer? Ciro está agora solicitando aos gregos para que lle sigan contra o rei, e eu digo que é preciso que vós pasedes o Éufrates antes de que esté claro o que van a respostar a Ciro os demais gregos. Se acordan seguilo, parecerá que vós o obrigastes a eso principando a pasar, e Ciro gardarabos recoñecemento e recompensarabos por haberbos mostrado tan dispsotos; ninguén como él sabe agradecer os servizos que se lle prestan. E se os outros acordan retirarse, volverémonos todos; pero por haber sido os únicos que obedecestes, sempre se vos considerará como os máis seguros para as guarnicións e para o mando das tropas, e en calquera cousa que necesitedes Ciro será para vós amigos.”
Busto de Xenofonte:

Ningún comentario:
Publicar un comentario