Homero era, sempre supostamente, un aedo da Antiga Grecia. Que é un aedo? Pois con ese nome se coñecía aos habitantes da Grecia Clásica adicados a cantar epopeias (relatos épicos). Pois sería Homero, suposto autor, unha figura que mistura tanto realidade como lenda e son moitisimos os lugares aos que se lle atribúe o seu nacemento, entre eles Ítaca, Atenas ou Quíos (todos en Grecia).
Existen alguns documentos literarios que alegan que este coñecido personaxe era cego. As investigacións modernas afirman que as súas biografías da antiguedade non son, para nada, unha fonte fiábel, aínda que sía se admite a súa procedencia da Grecia antiga (actual territorio turco).
Existen discrepancias sobre a súa existenciacomo única persoa ou se tal denominación se lle artribuía a un grupo de persoas, é dicir, a un grupo de autores.
As obras mais importantes que en principio pertencían a Homero, son a Odisea e a ilíada, e tamen algunhas comedias e outros textos, as cales non adquiriron tanta importancia. Representación de Homero segundo William-Adolphe Bouguereau:
Ningún comentario:
Publicar un comentario