“Para auxilio do viaxe dalle sinais
de segredos tesouros sepultados
en terra longo tempo, inmensurable
cantidade de ouro e prata. Alista Dido
socios para a fuxida; xuntánselle
cantos odian ao déspota ou lle temen.
Estaban unhas naves no porto;
apropiansellas, énchenllas de ouro,
e vanse os caudais do ávaro
Pigmaliónpor. De esta fazaña
é o caudillo unha muller. O éxodo
parou donde hoxe verás alzarse inxentes
os muros de Cártago e a súa alta acrópole.
Compraron un soar: chámanllo Birsa
por ser só o espazo que alcanzaba
a pel dun touro a circundar. Mais, quenes
sodes vós?, que pragas vos envían,
e a onde ides?"
A Eneida é unha epopeia latina escrita en latín, que fala das aventuras de Eneas, pasando pola guerra entre cartaxineses e romanos e acaba nun enfrontamento persoal entre Eneas e Turno.Está escrita no século I a.C. por Virgilio, imitando á Odisea e á Ilíada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario