luns, 30 de maio de 2016

A Odisea, empezando polo principio!

Vendo a boa acollida entre o público do noso último fragmento da Odisea de Homero presentamos algo máis sobre esta obra. E postos a empezar, empecemos polo principio:

"Contame, Musa, a historia do home de moitos sendeiros,
que andou errante moito despois de Troia sacra arrasar;
viu moitas cidades de homes e coñeceu seu talante,
e dores sufriu sen conto no mar tratando
de asegurar a vida e o retorno dos seus compañeiros.
Mais non conseguiu salvalos, como moito querelo,
pois da súa propia insensatez sucumbiron vítimas,
¡tolas! de Hiperión Helios as vacas comeron,
e en tal punto acabou para eles o día do retorno.
Deusa, filla de Zeus, tamén a nós,
contanos algún pasaxe de estos sucesos."

mércores, 25 de maio de 2016

INVENTOS GREGOS


Hola podedes ver o video sobre os inventos de grecia feito por uns compañeiros nosos.
Podedelo ver no seguinte enlace INVENTOS GREGOS

luns, 23 de maio de 2016

Primeira publicación da clásica Ilíada

Continuamos coa dinámica dos clásicos de Homero. Xa falamos un pouco de Homero e das diversas teorías sobre él e trouxemos tamén un fragmento da Odisea. Hoxe traemos unha das obras mais coñecidas da Grecia clásica, a Ilíada:
A Ilíada é unha epopeia (narración de carácter épico de acións importantes para un pobo, que se centra nun heroe), neste caso o tema central da Ilíada é a Guerra de Troia e a cólera de Aquiles. Está dividido en XXIV cantos. Sitúana  no século VIII a.C., pero hai estudos que difiren desta data e a posicionan no VI a.C.

“...Durante nove días voaron sobre o exército as frechas do deus. O décimo, Aquiles convocou ao pobo a que se reunira en asamblea. Hera, a deusa dos níveos brazos, inspirounos, pois sufría polos dánanos vendós perecer de aquel xeito. Acudiron éstos e, unha vez reunidos, Aquiles, o dos pés lixeiros, levantouse e falou así:
-¡Atrida! De continuar as cousas así, teremos que volvernos, desistindo do noso proxecto, se é que podemos escapar á morte, do contrario, a guerra e a peste unidas acabarán cos aqueos. Consultemos, pois, a un adiviño, a un sacerdote, ou a un intérprete de soños - tamén o soño é mensaxeiro de Zeus-, para que nos diga qué provocou a ira de Febo Apolo; se está queixoso por algún voto ou sacrificio omitido e se queimando nos seus obsequios graxa de cordeiros e de cabras
Escollidas, quererá apartar de nós este azoute.
Dixo, e sentouse. Levantándose Calcas, fillo de Testor, o mellor dos augures, coñecedor do presente, o futuro e o pasado, que guiou as naves aqueas ata Ilión por medio do arte adiviñatorio que lle outorgaba Febo Apolo.
Comedidamente tomou la palabra e dixo:
-¡OH Aquiles amado por Zeus! Desexas que explique a cólera de Apolo, o arqueiro Dio. Pois ben, falarei: pois compréndeme e xura que estas pronto a defenderme de palabra ou de obra, pois temo irritar a un varón que goza dun gran poder entre argivos. Ao que obedecen todos os aqueos. Un rei sempre resulta vencedor cando se enfada cun particular; e si por un día contén a súa ira, garda a hora propicia para vingarse. Di ti se estas disposto a garantizar a miña vida."
Seguirendo subindo mais cousas sobre a Ilíada. Decidenos se vos gusta!

luns, 9 de maio de 2016

Desfile de moda da Antiga Grecia e Roma.


Bos días!

Ao largo deste trimestre farémos un desfile de moda da Antiga Grecia e Roma.

Aínda estamos cos planes para poder preparalo pero deseguido vos informaremos de como vai indo e subiremos fotos para que o vexades.

Esperamos que vos guste e que sigades, compartades e ensinedes a moita xente a nosa páxina.

Graciñas!

mércores, 4 de maio de 2016

Agora unha coñecidísima obra, a Odisea!

Odisea, supostamente, tamén tería a súa autoría na personaxe de Homero. Narra a volta a casa de Odiseo, despois da guerra de Troia, podese dicir que é unha continuidade da Ilíada. Para máis información sobre Homero. Podese dicir que aquí presentamos un fragmento pouco coñecido desta obra:


   [...] Tal falaban os dous entre sí cando viron un can
que se achaba alí botado e ergueu a súa cabeza e orellas:
era Argos, aquel can de Ulises pacente que él mesmo
alá en tempos criou sen lograr desfrutalo, pois tivo
que partir deica Troia sacra. Os xóvenes logo
o levaban a caza de cabras, cervatos e lebres,
mais xa entón, ausente seu dono, xacía desprezado
sobre un cerro de estércol de mulas e bois que habían
derramado ante o soportal ata tanto viñesen os servos
e abonasen con el o extenso xardín. En tal guisa
de miseria callado achábase o can Argos; con todo,
ben a Ulises notou que facía él se achegaba e, ao punto,
coleando deixou as orellas caer, mais non tivo
forzas xa para alzarse e chegar seu amo. Éste ao velo
desviou a súa mirada, enxugouse unha bágoa, furtando
prestamente seu rostro ao porqueiro, e ao cabo lle dixo:
   "Cousa extraña é, Eumeo, que xaza tal can en estércol:
ten fermosa figura en verdade, aínda non se me alcanza
se con ela tamén foi lixeiro en correr ou tan só
de esa clase de cans de mesa que teñen os hombres
e os príncipes coidan, pois soen servirlles de ornato."

   Respondécheslle ti, maioral dos porcos, Eumeo:
   "Certamente ese can é do home que morreu alá lonxe
e seu corpo e en obras hoxe fose o mesmo que era,
cando Ulises aquí o deixa ao partirse deica Troia,
pronto botaras ti  mesmo de ver seu vigor e presteza.
Animal que él seguise a través dos fondos umbríos
da selva xamais se lle foi, e igual era en rastreo.
Mais agora seu mal lle venceu: seu dono achou morte
por extraño país; as mulleres non se acordan del
nen lle coidan; os servos, se falta o poder de seus amos,
nada queren facer nen cumprir co xusto, que Zeus
o tonante arrebata ao varón la metade da súa forza
desde o día que fai presa nel a vil servedume."

   Tal falou, penetrou no palacio de boa vivenda
e dereito se foi ao gran salón onde estaban os nobres
pretendentes; e a Argos sumióle a morte nas súas sombras
no máis ver a seu dono de volta ao vixésimo ano. [...]