luns, 23 de maio de 2016

Primeira publicación da clásica Ilíada

Continuamos coa dinámica dos clásicos de Homero. Xa falamos un pouco de Homero e das diversas teorías sobre él e trouxemos tamén un fragmento da Odisea. Hoxe traemos unha das obras mais coñecidas da Grecia clásica, a Ilíada:
A Ilíada é unha epopeia (narración de carácter épico de acións importantes para un pobo, que se centra nun heroe), neste caso o tema central da Ilíada é a Guerra de Troia e a cólera de Aquiles. Está dividido en XXIV cantos. Sitúana  no século VIII a.C., pero hai estudos que difiren desta data e a posicionan no VI a.C.

“...Durante nove días voaron sobre o exército as frechas do deus. O décimo, Aquiles convocou ao pobo a que se reunira en asamblea. Hera, a deusa dos níveos brazos, inspirounos, pois sufría polos dánanos vendós perecer de aquel xeito. Acudiron éstos e, unha vez reunidos, Aquiles, o dos pés lixeiros, levantouse e falou así:
-¡Atrida! De continuar as cousas así, teremos que volvernos, desistindo do noso proxecto, se é que podemos escapar á morte, do contrario, a guerra e a peste unidas acabarán cos aqueos. Consultemos, pois, a un adiviño, a un sacerdote, ou a un intérprete de soños - tamén o soño é mensaxeiro de Zeus-, para que nos diga qué provocou a ira de Febo Apolo; se está queixoso por algún voto ou sacrificio omitido e se queimando nos seus obsequios graxa de cordeiros e de cabras
Escollidas, quererá apartar de nós este azoute.
Dixo, e sentouse. Levantándose Calcas, fillo de Testor, o mellor dos augures, coñecedor do presente, o futuro e o pasado, que guiou as naves aqueas ata Ilión por medio do arte adiviñatorio que lle outorgaba Febo Apolo.
Comedidamente tomou la palabra e dixo:
-¡OH Aquiles amado por Zeus! Desexas que explique a cólera de Apolo, o arqueiro Dio. Pois ben, falarei: pois compréndeme e xura que estas pronto a defenderme de palabra ou de obra, pois temo irritar a un varón que goza dun gran poder entre argivos. Ao que obedecen todos os aqueos. Un rei sempre resulta vencedor cando se enfada cun particular; e si por un día contén a súa ira, garda a hora propicia para vingarse. Di ti se estas disposto a garantizar a miña vida."
Seguirendo subindo mais cousas sobre a Ilíada. Decidenos se vos gusta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario