mércores, 1 de xuño de 2016

Continuamos ordenadamente coa Odisea de Homero e presentamos un novo fragmento de continuación.

Seguimos coa orde cronolóxica das nosas publicacións da Odisea de Homero, esperamos que bos guste. Deixamosvos a ligazón a anterior publicación da Odisea.

"Aquilo é que todo sos demais, cantos habían escapado á amarga morte, estaba na casa, deixando atrás a 
guerra e o mar. Só él estaba privado de regreso e esposa, e retiñao na súa cóncava cova a ninfa Calipso, diviña entre as deusas, desexando que fora seu esposo.
E o caso é que cando transcurriron os anos e chegoulle aquel no que os deuses habían fiado que regresaran á súa casa de Ítaca, nin sequera entón estivo libre de probas; nin cando estivo xa cos outros. Todos os deuses se compadecían del excepto Poseidón, quen se mantivo sempre rancoroso co diviño Odiseo ata que chegou á súa terra.
Pero acudiu entón xunto aos Etiopes que habitan lonxe (os Etiopes están divididos en dous grupos, uns onde se funde Hiperión e outros onde se levanta), para asistir a unha hecatombe de touros e carneiros; en cambio, os demais deuses estaban reunidos no palacio de Zeus Olímpico. E comezou a falr o pai de homes e deuses, pois se había acordado do irreprochábel Existo, a quen acababa de matar o afamado Orestes, fillo de Agamenón. Acordóuse, pois, deste e dixo aos inmortais a súa palabra:

«¡Ai, ai, cómo culpan os mortais aos deuses!, pois de nós, din, proceden os males. Pero tamén eles pola súa estupidez soportan dores máis alá dos que lles corresponde. Así, agora Exipto desposou cousa que non lle correspondía á esposa lexítima do Atrida e matou a éste ao regresar; e iso que sabía que morrería lamentablemente, pois dixémoslle, enviándolle a Hermes, ao vixilante Argifonte, que non lle matara nin pretendera á súa esposa. "Que haberá unha vinganza por parte de Orestes cando sexa mozo e sinta nostalxia da súa terra." Así lle dixo Hermes, máis con ter boas intencións non logrou persuadir a Exipto. E agora pagpunas todas xuntas.»"